Publicidade 888 Poker |
En clase de psicología estivemos debatendo sobre a
ludopatía, tema o cal resultoume interesante compartir convosco mediante o meu
blog.
A ludopatía separadamente de ser un trastorno no que a persoa que a padece vese obrigada a xogar e apostar, trae consecuencias a longo prazo que afectan negativamente a súa vida (persoal e económica) e as dos seus familiares.
Un ludopata entra no xogo como calquera afeccionado ás apostas, pensando no diñeiro fácil que podería recibir e deixando todo a mans da "sorte". Pero, a publicidade que lle fan a estas casas de apostas tamén inflúen xa que dun xeito ou outra o que transmiten é a incitación ás persoas para que aposten.
Como poden apreciar na publicidade promocional de 888 Poker,
fai un chamado a xogar de forma compulsiva e ademais pola forma na que o di
xera ansiedade, malestar e nerviosismo, ata entre persoas que nunca
xogaron/apostado.
Para rematar, esta é unha entrevista que lle fan a un
ex-ludopata, Martin é o seu nome ficticio e cóntanos como foron eses 40 anos de
apostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario