martes, 29 de octubre de 2019

O uso indebido das tecnoloxías

A introdución desta entrada será un pouco diferente xa que o tema xurdiu de forma moi espontánea. Adoitamos pensar que chega un momento do día no cal quedámonos sen contido do que falar pero, todo é cuestión de perspectiva. Unha noite estaba vendo unha recopilación de vídeos dun programa de televisión chamado Equipo de investigación.
Esta parte do episodio resultoume interesante e deixa claro sobre o que quero falar. Os usos indebidos que se lle poden dar ás tecnoloxías.
Na actualidade, as novas tecnoloxías en moitos aspectos o que fan é darlle unha gran facilidade ao ser humano (ou iso fanos crer); ademais, poden considerarse un factor fundamental na nosa vida cotiá, Que pasaría se lle damos un mal uso ás nosas capacidades tecnolóxicas?
Estes individuos que se dedican a facer este tipo de delitos, perden anos de estudo e de vida intentando fabricar pezas e desenvolver habilidades as cales serán utilizadas para sucesos delitivos. Son capaces de roubar un coche en menos de 30 segundos conectando un miniordenador ao sistema de mandos do vehículo o cal grava a información do coche nunha chave virxe.
Aínda que é certo que grazas ao desemprego aumenta a delincuencia, e estamos nun país onde lastimosamente a taxa de desemprego aumenta de forma acelerada, iso non nos dá o dereito de arrebatarlle as pertenzas a outras persoas que có seu esforzo puideron lograr obtelas. Creo que nunca tivo tanta razón o seguinte devandito: O vivo vive do bobo, e o bobo do seu traballo.

domingo, 13 de octubre de 2019

A tecnoloxía está acabando coas nosas vidas?


Pulse aquí para analizar máis a fondo a dependencia ao móbil
O ser humano desenvolveu dependencia ás novas tecnoloxías. Enfocareime especificamente nas consecuencias nos ámbitos sociais e económicos que xera dita dependencia.
Lastimosamente penso que como sociedade retrocedemos día tras día no canto de avanzar. Temos todas as ferramentas para nutrirnos de coñecementos, pero realmente dámoslle un moi mal uso.
Un exemplo: ¿non che pasou algunha vez que estás sentado cós amigos nunha cafetería e que miramos o móbil de forma constante?
Resultado de imagen de dependencia al movil
Enlace: video youtube
Neste exemplo no canto de gozar o momento e centrarnos nas nosas amizades, facemos o contrario. Dámoslle máis prioridade a unha mensaxe ou a unha noticia que saltou na pantalla do noso móbil.
Onde nace este problema (a dependencia ás tecnoloxías) creo que vén moito antes da adolescencia, específicamente na infancia. Pódese apreciar perfectamente cando rapaces no canto de xogar con xoguetes prefiren xogar no móbil dos seus pais.
en canto ás consecuencias que pode xerar as novas tecnoloxías no ámbito económico podemos nomear algunhas como:
 ➤A aparición novamente das máquinas (como pasou na Revolución Industrial). Como consecuencia, os postos de traballo como o de dependient@ desaparecerán, en tendas de roupa e cadeas grandes de supermercados xa se poden apreciar os primeiros postos de auto-pago, e malia que agora non vexamos isto como un problema darémonos conta nun futuro que o único que vai xerar isto é o reemplazo dos postos de traballo por máquinas.
➤As compañías telefónicas teñen a necesidade de conseguir clientes satisfeitos e fixos, polo que tratan de levar os seus produtos a un nivel superior da competencia, pero todo se paga. Ter as últimas tecnoloxías supón un incremento no prezo do dispositivo fronte aos outros.

Podemos concluír desta imaxe que:
1. En 6 anos, os teléfonos desta compañía incrementaron 100 euros. Isto débese a aspectos como engadir compoñentes novos para mellorar o seu funcionamento (por exemplo, un procesador máis rápido).
2. En 6 anos o prezo do modelo lanzado ao mercado en 2013 descendeu drasticamente (-684 euros).
3. A medida que pasa o tempo e se crean mellores modelos, os anteriores se desvalorizan.

Para concluír: un dato interesante é que todos os móbiles teñen unha "vida útil", é dicir, as compañías prográmanos para que duren un período de tempo e logo deixe de funcionar ou comece a presentar fallos.