|
Pulse aquí para analizar máis a fondo a
dependencia ao móbil |
O ser humano desenvolveu dependencia ás novas tecnoloxías. Enfocareime especificamente nas consecuencias nos ámbitos sociais e económicos
que xera dita dependencia.
Lastimosamente penso que como sociedade retrocedemos día
tras día no canto de avanzar. Temos todas as ferramentas para nutrirnos de
coñecementos, pero realmente dámoslle un moi mal uso.
Un exemplo: ¿non che pasou algunha vez que estás sentado cós amigos nunha cafetería e
que miramos o móbil de forma constante?
Neste exemplo no canto de gozar o momento e centrarnos nas
nosas amizades, facemos o contrario. Dámoslle máis prioridade a unha mensaxe ou a
unha noticia que saltou na pantalla do noso móbil.
Onde nace este problema (a dependencia ás tecnoloxías) creo
que vén moito antes da adolescencia, específicamente na infancia. Pódese
apreciar perfectamente cando rapaces no canto de xogar con xoguetes prefiren
xogar no móbil dos seus pais.
en canto ás consecuencias que pode xerar as novas
tecnoloxías no ámbito económico podemos nomear algunhas como:
➤A aparición novamente das máquinas (como pasou na Revolución Industrial). Como consecuencia, os postos de traballo como o de
dependient@ desaparecerán, en tendas de roupa e cadeas grandes de supermercados xa se poden apreciar os primeiros postos de auto-pago, e malia que agora non
vexamos isto como un problema darémonos conta nun futuro que o único
que vai xerar isto é o reemplazo dos postos de traballo por máquinas.
➤As compañías telefónicas teñen a necesidade de conseguir
clientes satisfeitos e fixos, polo que tratan de levar os seus produtos a un
nivel superior da competencia, pero todo se paga. Ter as últimas tecnoloxías
supón un incremento no prezo do dispositivo fronte aos outros.
Podemos concluír desta imaxe que:
1. En 6 anos, os teléfonos desta compañía incrementaron 100
euros. Isto débese a aspectos como engadir compoñentes novos para mellorar o
seu funcionamento (por exemplo, un procesador máis rápido).
2. En 6 anos o prezo do modelo lanzado ao mercado en 2013
descendeu drasticamente (-684 euros).
3. A medida que pasa o tempo e se crean mellores modelos, os
anteriores se desvalorizan.
Para concluír: un dato interesante é que todos os móbiles
teñen unha "vida útil", é dicir, as compañías prográmanos para que
duren un período de tempo e logo deixe de funcionar ou comece a presentar
fallos.